A Freixa é un dos principais recursos turísticos e ambientais que posúe Ponteareas. A tan só 1 km do centro da vila, converteuse no centro de atracción de veciños e visitantes.
A PICARAÑA - CRUZ JUBILAR Y VIACRUCIS
A Cruz xubilar e o viacrucis situados no cumio da Picaraña. Desde este lugar pódese contemplar unhas espectaculares vistas de todo o val do Tea.
CASTELO DE SOBROSO
Nun promontorio rochoso na ladeira do monte Landín, dominando un amplo panorama, álzase a fortaleza de Sobroso. Foi declarada Ben de Interese Cultural no 2013 e no seu interior alberga o Centro de Recuperación da Cultura Popular.
AUDITORIO REVERIANO SOUTULLO
O Auditorio Municipal é un espazo onde se realizan obras de teatro, concertos e entregas de premios.
CASTRO DE TROÑA
O Castro de Troña está situado no monte Doce Nome de Xesús e posúe unhas marabillosas vistas do val do Tea. Foi declarado BIC en 2009 e alberga 30 construcións escavadas.
FEIRA TRADICIONAL DOS REMEDIOS
Feira que transporta os visitantes á vila de Ponteareas de principios do século XX cando o mercado local era o eixo do municipio. Atópanse postos con oficios tradicionais como os cesteiros, o afiador, os zoqueiros ou os cereiros de Paraños.
FESTA DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS
A Festa da Nosa Señora dos Remedios é festa patronal de Ponteareas e nela desenvólvense espectáculos na rúa, verbenas e a Santa Misa e procesión o domingo.
FESTA DO CORPUS CHRISTI
A Festa do Corpus Christi de Ponteareas, de Interese Turístico Internacional, é unha festa na que as rúas de Ponteareas énchense de alfombras florais nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que enfeitizan a propios e visitantes.
LANZAMENTO DE GLOBOS NA FESTA DE S. MIGUEL ARCANXO
Lanzamento de globos de papel tradicional na honra de San Miguel Arcanxo, patrón de Ponteareas.
III CONGRESO INTERNACIONAL DE ARTE EFÉMERA (MONXE BUDISTA EN CORPUS 2010)
Monxe budista amosando a súa arte floral en Ponteareas no ano 2010, cando se celebrou en Ponteareas o III Congreso Internacional de Arte Efémera, no que se reuniron en Ponteareas delegacións de varias cidades de todo o mundo.
MONUMENTO AO CICLISTA
Ponteareas é terra de famosos ciclistas, desde os irmáns Rodríguez Barros ata Álvaro Pino (gañador da Volta Ciclista a España en 1986). Na honra de todos eles a vila erixiu este monumento en recoñecemento ao seu esforzo.
MUÍÑOS DE COUSO
Os muíños de Couso forman parte dunha ruta de sendeirismo con alto valor etnográfico. Os muíños foron rehabilitados e mesmo podemos ver o seu funcionamento.
MUSEO MUNICIPAL
O Museo Municipal de Ponteareas está situado na antiga fabrica de curtidos da familia Garra, na rúa A Perillana. Posúe os materiais das escavacións arqueolóxicas do Castro de Troña ademais de numerosos materiais arqueolóxicos da comarca.
PARQUE DAS POMBAS
O Parque das Pombas é un dos moitos parques que posúe Ponteareas nos que os ponteareáns e os visitantes poden gozar da natureza dentro do casco urbano.
PONTE DAS PARTIDAS
A Ponte das Partidas foi un importante punto de paso sobre o río Tea e de aí vén o seu nome.
PONTE DOS REMEDIOS
A Ponte dos Remedios formaba parte do antigo camiño real que unía Tui e despois Vigo con Ourense e a meseta. Nesta ponte está a orixe do nome da vila.
PRAZA MAIOR
A Praza Maior é o centro da vila, un espazo que foi centro de reunión dos ponteareáns e no que conflúen todas as xeracións.
PROCESIÓN DE CORPUS E A BATALLA DE FLORES
O domingo de Corpus ten lugar en Ponteareas a procesión relixiosa e a batalla de flores onde os ponteareáns botan flores desde os balcóns das rúas alfombradas ao paso da procesión do Santísimo Sacramento.
AS PÍAS
A praia fluvial das Pías, é un deses sitios que paga a pena resaltar, un lugar onde podemos atopar a única fervenza natural do noso río, aínda que existan outras fervenzas creadas artificialmente.
CALVARIO DAS CACHADAS
O Calvario das Cachadas é o calvario máis fermoso e importante encravado en Ponteareas. Esta magnífica obra pétrea do mestre Cerviño está situada sobre o portal da familia Porto no barrio das Cachadas. Está conformado por imaxes de gran beleza que representa a crucifixión de Cristo.
CAPELA DO DOCE NOME DE XESÚS
A zona do Doce Nome de Xesús, en Pías, e un dos espazos máis visitados ao longo de todo o ano, onde ademáis de visitar o castro de Troña e a Capela do Doce Nome de Xesús, pódese gozar dunha impresionante panorámica de todo o val do Tea.
CRUCEIRO DE RIBADETEA
Este fermosísimo cruceiro foi construído en 1865 polo canteiro Manuel González, canteiro discípulo do mestre Cerviño. É esta unha excelente obra, exemplo dos poucos cruceiros con policromía que podemos atopar ao longo do noso municipio.
FONTE DA FAMA
A Fonte da Fama, obra do mestre canteiro Cerviño, é un elemento artístico destacado do municipio.
CASA DO CONCELLO
PASARELA DE ACCESO A FREIXA
A Freixa é un espazo de concorrencia de moitos ponteareáns pola proximidade á vila e tamén de moitos veciños de vilas próximas. O coidado deste espazo de lecer é unha das prioridades deste concello, o cal cada ano acomete obras de mellora no seu contorno, levándose a cabo unha intervención para mellorar a súa accesibilidade.
PONTE DO CABALÓN
A Ponte do Cabalón atópase en Angoares, nun lugar que merece ser coñecido e aprezado e ata o que podemos achegarnos dando un paseo e gozar dun ambiente natural enriquecedor para os sentidos.
O RÍO TEA
O Tea ao seu paso por Ponteareas irriga e fertiliza as nosas terras e ao longo do seu leito, deixa imaxes como a que recóllese a través desta bela fotografía. Un dos lugares do inicio do paseo cara a Freixa e que pon de manifesto a beleza paisaxística que nos rodea
SENDEIRO DO TEA
A creación da Senda do Tea que, partindo de Ponteareas, chegará ata a veciña localidade de Mondariz Balneario e na que se aúna o respecto á natureza e o gusto polas actividades de sendeirismo.
Casa dos Vinculeiros en Cumiar
Casa dos Vinculeiros en Cumiar
Casa Ferro no Paseo Matutino
Casa Ferro no Paseo Matutino, obra do arquitecto Xosé Bar Bóo
Casa Reitoral de Pías
Casa Reitoral de Pías
Centro Cultural Irmáns Barcia
Centro Cultural Irmáns Barcia, antigamente As escolas do Coto, Padróns