Que facer

Si vés a Ponteareas non podes perderte a festa máis destacada: o Corpus Christi. Festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2009 e que todos os anos enche as rúas da vila de alfombras florais para o paso do Santísimo Sacramento, no mes de xuño.

Tamén podes facer rutas turísticas que permiten coñecer os nosos atractivos como o Castro de Troña, o Castelo de Sobroso ou a ruta de sendeirismo “dos penedos”.

Outra actividade de interese é a Sobroso Party, unha festa para tódolos amantes da informática e que xa leva dez edicións.

E para completar a túa estancia na nosa vila nada mellor que unhas boas compras nas tendas da nosa vila.