Compras

En Ponteareas atoparás máis de 140 comercios de tódalas ramas do sector comercial. Ademais as diferentes asociacións de comerciantes ofrecen descontos e promocións especiais que fan que comprar en Ponteareas sexa unha boa opción.

Feiras: Tódolos sábados e os días 14 de cada mes celébrase no centro da vila unha feira con postos de todos os tipos. Poderás mercar comida, roupa, plantas e moitas cousas máis.