Ruta de sendeirismo PR-G 132 “Ruta dos montes de San Cibrán”

O monte de San Cibrán está na parroquia de Guláns (Ponteareas) pero moi cerca do veciño concello de Salceda de Caselas. Interesa a panorámica que sobre o val do Tea pode contemplarse desde o cumio a 430 metros de altitude.

Esta rota constitue un legado etnográfico digno de visitar. Mostranos a arquitectura tradicional e pon en valor os “muíños do couso” ademáis do impresionante paisaxe polo que discurre.

A rota comeza no Alto de Confurco, situado na parroquia de Cans (O Porriño), e ten case 13 km. No seu inicio hai varias escaleiras e pasarelas de madeira que nos axudan a salvar o gran desnivel, mentres rodeamos o regato do Couso que antaño alimentaba aos sete muíños da Laxe.

A partir deste punto, a rota serpentea entre viñedos, prados, maizales, fontes e aldeas; permitindo observar como é, e sobretodo, como era a vida rural en Galicia.

Unha vez no alto de San Cibrán descendese paralelo ao río Caselas cara o fondo do val, onde atopamos a maior parte dos núcleos de casas e encontranse varias construcións de interese como lavaderos, muíños e Petos de ánimas como o de “O Carballal”.

O último tramo discurre polos montes comunales de San Xurxo ata chegar ao final do noso percorrido na Área recreativa das Conforcadas. Dende este punto podese enlazar co GR-58, Sendeiro das Greas, e regresar ata o Alto de Cans.