Ruta de sendeirismo PR-G 30 “A Picaraña”

Esta ruta levaranos unhas dúas horas e media. Percorre varios lugares de interese cultural e paisaxístico ao longo de 6,9 km. É de tipo circular e ten boa sinalización, polo que é moi fácil de seguir. A dificultade é baixa, xa que os desniveis son pequenos. O entorno está formado por piñeiros, eucaliptos e unha pequena fraga.

Comezamos o percorrido no Convento de Canedo, do que xa falamos anteriormente nesta guía, seguindo as indicacións chegaremos ata a pedra do Equilibrio, que merece unha visita polo curioso desta formación pétrea.

Continuamos agora cara o albergue xuvenil onde poderemos observar un fermoso exemplar de salgueiro babilonio.

Seguimos ascendendo ata a Capela de Santa Cruz, no alto da Picaraña, que data do ano 1907, ano no que se iniciou a romaría que se celebra cada primeiro de maio e a que acoden romeiros e procesións das parroquias próximas. Desde o alto da Picaraña poden gozar das marabillosas vistas panorámicas sobre o val do río Tea.

Despois comezamos o descenso cara o Convento de Canedo por pistas de terra e asfalto. Ao inicio do descenso atoparemos dúas fontes nas que poderás beber auga.