Ruta polo centro da vila

Dálle a coñecer o núcleo urbano do noso concello. É unha ruta para realizar a pé de tipo lineal ou aberto.

INFORMACIÓN:

  • Tipo de itinerario: lineal o abierto.
  • Punto de partida: Casa Consistorial.
  • Puntos de interese:
    • Casa Consistorial.
    • Plaza de Bugallal.
    • Plaza Mayor.
    • Plaza de la Música.
    • Conservatorio de Música.
    • Biblioteca – Museo Municipal.
    • Parque de San Roque.
  • Punto de llegada: Parque de San Roque.

Descrición do percorrido.

Empezaremos o noso percorrido turístico polo centro de Ponteareas partindo da Casa Consistorial.

Unha vez alí, centraremos a nosa atención na fachada do edificio, os xardíns que o rodean e faremos unha breve parada no monumento pétreo co busto do personaxe ilustre, Reveriano Soutullo, a unha marxe, e no de Gabino Bugallal Araujo, á outra marxe.

Así mesmo, faremos referencia a outros personaxes destacados na historia da vila de Ponteareas, como foron os escritores e políticos Azorín e Fermín Bouza-Brey, ós que, na actualidade, se lles adicou o nome dunha rúa.

O noso segundo punto de interese é a Praza de Bugallal, á que se accede a través da Avenida da Constitución. Os puntos de interese turístico céntranse na Igrexa parroquial de San Miguel e no cruceiro situado a unha das marxes do templo.

Continuaremos o noso percorrido a través da rúa Oriente, rúa onde se atopa a antiga Casa da familia Troncoso e que nos levará ata a Praza Maior. Nesta praza atopábase antigamente a Capela de San Gregorio e o Palco da Música, hoxe en día xa desaparecidos.

A Praza da Música constitúe o noso cuarto punto de interese turístico, ao que facilmente chegaremos seguindo a rúa da Esperanza e descendendo pola rúa Hidalgo. Á nosa chegada, o Monolito e o Auditorio Reveriano Soutullo darannos a benvida.

A rúa Fernández da Vega conduciranos ata a rúa da Castiñeira, na que se sitúa o Conservatorio de Música, edificio de especial interese.

A poucos metros, atópase a Biblioteca Municipal. Para chegar a ela, descenderemos pola rúa Braña e colleremos a primeira rúa á dereita, rúa Perillana. O devandito edificio alberga na súa sede, ao Museo Municipal, testemuña da historia de Ponteareas e do Condado.

O derradeiro punto de interese turístico constitúeno o Parque de San Roque coa Ponte románica dos Remedios, a Capela de San Roque e a praia fluvial dos Remedios, que confiren ao lugar un atractivo turístico singular. Neste lugar emprazábase a Fonte da Fama.