Cruceiros

Son diversos os exemplos de arquitectura popular que nos podemos atopar o longo e extenso territorio ponteareán, por iso dende o Departamento de Turismo de Ponteareas cremos conveniente citar algúns dos máis importantes, sen desprestixiar aqueles que por motivos de falta de tempo ou descoñecemento non puidemos incluír:

  • Cruceiro do Torreiro, Cruceiro de José Carrera e Peto de ánimas de José Carrera en San Pedro de Angoares.
  • Cruz Xubilar e Viacrucis da Picaraña en San Breixo de Arcos.
  • Peto de ánimas do Souto, 1905 e Peto de ánimas de Fontenla en Santa María de Areas.
  • Cruceiro do Torreiro e Peto de ánimas da Gándara en Santa Cristina de Bugarín.
  • Cruceiro de San Roque, 1700 en San Fiz de Celeiros.
  • Cruceiro do Torreiro en San Salvador de Cristiñade.
  • Cruceiro O Cruceiro en San Estevo de Cumiar.
  • Cruceiro da Capela de San Xóan, 1737 en San Miguel de Guillade.
  • Cruz do Couso e Peto de ánimas de Padráns, 1905 en San Xulián de Guláns.
  • Cruceiro do Torreiro, 1875 en San Martiño de Moreira.
  • Cruceiro do Santo Cristo, O Souto en San Salvador de Nogueira.
  • Peto de ánimas das Eiras en San Lourenzo de Oliveira.
  • Cruceiro do Torreiro en San Mateu de Oliveira.
  • Cruceiro do Torreiro, Cruceiro do Cristo do Piñón, Chan da Gándara, 1780, Cruz da Seca e Peto de ánimas das Cortellas en San Salvador de Padróns.
  • Cruceiro no Monte do Doce Nome, 1906, Cruceiro do Cumio do Monte do Doce Nome, 1907, Cruceiro da Estrada e Cruceiro da Casa Parroquial en Santa Mariña de Pías.
  • Cruceiro de Pías
  • Cruceiro de San Miguel e Peto de ánimas da Igrexa en San Miguel de Ponteareas.
  • Cruceiro de Ribadetea, 1865 e Peto de ánimas de Bernardos en San Xurxo de Ribadetea.
  • Cruceiro do Igrexario e Viacrucis do Adro en Santa Mariña de Xinzo.