Muiños

En Ponteareas os muíños máis antigos son os das Xastras, os do Medio e do Ferreiro, na parroquia de Pías, o do Pinto, os do Canto, os da Ponte Caneiro e ata máis dun centenar que se contabilizaron no municipio de Ponteareas.

Os nosos avós posiblemente se acorden dos muíños que desapareceron, uns polo seu alto custo de mantemento, outros polo seu abandono e outros substituídos por muíños eléctricos instalados nas súas casas por cuestións de traballo, tempo e comodidade.

Os muíños soian ser ademais centros de relación entre persoas de distintos lugares, as cales se atopaban neles co fin de moelo seu gran, intercambiando de paso novas e comentarios, servindo en ocasións como punto de encontro para os máis diversos fins, todo o cal contribuía a consolidala identidade e a integración dunha determinada zona.

No municipio aínda moen algúns muíños, recentemente restaurados