Pontes

puente1Ponte dos Remedios, chamada tamén de San Roque ou ponte romana.Trátase dunha construción de época medieval, como se pode constatar a través dos abundantes signos lapidarios que atopamos nos seus sillares. Pola súa estrutura de tres arcos ovais e os correspondentes tallamares podemos datala en torno ao século XV.Formaba parte do antigo camiño real que unía Tui e despois Vigo con Ourense e a Meseta. Esta ponte está na orixe do nome do Concello de Ponteareas, localidade que xorde nas inmediacións desta ponte.

puente2Ponte das Partidas, sitúase na parroquia de Moreira, é unha obra de enxeñería de época medieval, aínda que con certos elementos que algúns autores teñen considerados romanos (especialmente os aliviadoiros próximos ao campo de fútbol). Foi un importante punto de paso sobre o río Tea, e de aí vén o seu nome; dende aquí se partía en varias direccións. Posúe unha riqueza cultural, pois aínda as xentes de Moreira acordan os bautizos prenatais que aquí se realizaban, buscando a protección das forzas sobrenaturais. Cando unha muller se quedaba embarazada acudía de noite á ponte e alí agardaba ao primeiro camiñante que a cruzase e o convidábao a botar auga do río sobre o seu ventre e a ser padriño da criatura. Logo realizaban unha pequena comida, botando ao río as sobras.

Ponte de Pontecons, situada na parroquia de Pías, unía Pías con Padróns, estivo en ruínas dende antes de finais do século XVIII, data na que o parecer unha riada tirou practicamente toda a estrutura que conservaba. A día de hoxe só conserva o extremo da marxe de Pías e moi cuberto pola vexetación, o cal esta cercada por unha finca privada que dificulta o acceso.