Praias fluviais

playaA Freixa. Está situada en Ribadetea e pódese acceder desde a N-120 e pola estrada de Mondariz. É desde os anos setenta o centro de atracción para veciños e visitantes. Conta con merendeiro, bares, asadeiros, zona arborada, de descanso e de paseo, pistas de tenis, fútbol e baloncesto, etc. Todo isto converte a praia fluvial da Freixa nun dos principais recursos turísticos e ambientais cos que conta o concello de Ponteareas.

playa1San Roque. Situada en Ponteareas, é coñecida como a praia dos Remedios ou de San Roque. Pódese acceder desde a N-120 e pola rúa San Roque (no cruce coa Avenida Castelao). Ten merendeiro, zona arborada, areal e parque.

A Moscadeira. Situada en Ponteareas, accedese desde o cruzamento da rúa Amieiros coa Avenida Castelao. Conta con merendeiro, bar, asadeiros, zona arborada e areal.

playa3As Partidas. Situada en Moreira, accedese desde o cruzamento da estrada a Salvaterra do Miño. Conta con merendeiros, bar, asadeiros, zona arborada e campo de fútbol.

Nogueira. Situada en Nogueira, accedese desde a estrada de Guláns, xiro á esquerda a altura da Urcela. Conta con merendeiro, asadeiros, zona arborada e areal.