Sobre Ponteareas

Benvido a Ponteareas. Estás a punto de coñecer a vila con maior dinamismo da comarca do Condado. Atoparás numerosos recursos turísticos, históricos, naturais e inmateriais, como a Festa de Interese Turístico Internacional do Corpus Christi, que é unha mostra de arte efémera de gran beleza.

Nesta sección atoparás toda a información necesaria para elixir Ponteareas como o teu destino de vacacións. Ademais poderás compartir nas redes sociais todo o que queiras porque en Ponteareas temos wi-fi gratis no centro da vila. Conéctate á rede sobrosowireless, é de balde.

Tamén podes seguir os nosos perfís nas redes sociais para estar informado de todas as nosas novidades

www.facebook.com/visitponteareas
www.twitter.com/VisitPonteareas