Como chegar

Este concello locálizase no noroeste de España, na provincia de Pontevedra, formando parte das Rías Baixas. Está estratexicamente situado e relacionado con importantes núcleos de poboación e participa de cheo na vida urbana, coas vantaxes dunha pequena vila, a 26 quilómetros de Vigo e a 45 quilómetros de Pontevedra.


Ver mapa más grande
Por estrada:

Para dirixirnos a Ponteareas, desde calquera punto de Galicia, só teremos que enlazar coa A-52 (Autovía da Rías Baixas) e seguir ata a saída 294 Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, que enlaza coa PO-403 e que nos leva directos ao núcleo urbano.

En avión:

O aeroporto máis próximo é o de Peinador, en Vigo, situado a 27 km.de Ponteareas.

En tren:

A estación de ferrocarril de Vigo, O Porriño e Salvaterra de Miño son as máis próximas e comunícanse con Ponteareas mediante liña regular de autobús.

En autobús:

Existe unha conexión regular con Ponteareas desde Vigo, A Cañiza, Ourense, O Carballiño, Chantada, Xinzo de Limia e Madrid.