Información útil

O clima

As características fundamentais do clima de Ponteareas están ben diferenciadas debido en parte á existencia de dúas variantes, unha, a da montaña e a outra a do val.

Obviamente ten un carácter atlántico, aínda que nalgúns lugares do concello, pola súa altitude, participa dos compoñentes mediterráneos, o que se demostra pola presenza de laranxeiras, limoeiros, kiwis e outras froitas que se dan nalgunhas parroquias.

A suavidade das temperaturas queda probada polo feito de que a media de todos os meses é de 13º, o que nos indica unha suavidade climática oceánica pura.

Os valores estivais son superiores aos normais oceánicos, e as temperaturas invernais descenden dos 10º, cunha temperatura entre os 8,5º e os 9º no trimestre decembro-febreiro, ascendendo gradualmente ata acadar os máximos valores nos meses de xullo-agosto, cunhas temperaturas medias de 26º.

Teléfonos e contactos de utilidade

CASA DO CONCELLO

  • Xardíns da Xiralda s/n
  • Teléfonos 986 64 00 00 / 986 64 00 51 / 986 64 00 51 / 618 70 56 18
  • Fax 986 66 06 47

OFICINA DE TURISMO

  • Rúa Real
  • Teléfono 986 66 14 29

ESTACIÓN DE AUTOBUSES

  • Rúa dos Carballos
  • Teléfono 986 64 14 51

TAXIS

  • Rúa Darío Bugallal 986 64 09 88
  • Praza de Bugallal 986 64 03 28

CASTELO DE SOBROSO

  • Vilasobroso (Mondariz)
  • Teléfono 986 65 43 05

MUSEO MUNICIPAL

  • Rúa A Perillana, 9 – 11
  • Teléfono 986 66 07 65

Consulta o directorio telefonico aquí